_biografia

O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de festa enriba dos escenarios cunha recompilación co mellor da súa discografía. Cinco cortes de cada un dos seus discos que fan que quen escoite este Once anos mallando (Zouma Records 2010), se poida facer unha boa idea do espírito e a evolución do grupo.

Quempallou nace no ano 1999 dacabalo entre o Incio (Lugo) Cd máis o Morrazo (Pontevedra). Con esta formación inicial gravan o seu primeiro cedé de título homónimo, Quempallou (Zouma Records 2002), co que chegaron a ser número un na lista de emisión W.R.A.S. de Atlanta (EE.UU.), emisora dedicada ás músicas do Mundo.

Tras unha serie de trocos na formación, no 2004 editan o seu segundo traballo, Estremonías (Zouma Récords 2004). Nel incluían o tema “Xan”, con letra de Rosalía de Castro, escollido mellor tema de música galega nese ano 2004 pola revista A Nosa Terra. Neste segundo traballo van madurando musicalmente e incorporando ao seu estilo as aportacións dos novos compoñentes que entran no grupo. 

No 2007 preséntannos Polo Aire (Zouma Récords 2007), un disco cunha importante madurez musical, onde as cordas toman grande importancia como base e as composicións propias, sen perder a base tradicional nin a importancia da palabra. Contaron para a súa gravación con distintos colaboradores, entre os que destaca pola súa singularidade a do coñecido grupo de hip-hop Dios ke te Crew, cos que argallaron o que se podería chamar primeiro “hip-folk” na historia da música galega, unha mestura acollida de moi bo grao entre o público seguidor tanto do folk coma do hip-hop.
 

Ao longo da súa traxectoria teñen actuado nos máis importantes festivais folk de Galicia (Ortigueira, Pardiñas, O Morrazo...), e visitado moi diferentes lugares da Península (Setúbal ou Loulé en Portugal; Intercélticu d’Avilés, Segovia, Madrid, Barcelona...) e de Francia (Casa Galega de París; Intercéltico de An Oriant na Bretaña).


Gozade pois coa fresca proposta de Quempallou e deixádevos levar pola forza da súa música e da súa palabra. Ide gustosamente a canda eles...

...e  lume no peito!!!

 Componentes Contacto

Roi Maceda: Acordeón.

Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz.

Isaac Millán:bouzouki, Guitarra acústica.

Roi Adrio: tamboril, percusións.

Xosé Maceda: Bombo, percusións.

Alfonso Agulla “Eski”: son ao vivo. 

Roi: 639 754 236
Guillerme: 657 209 731

www.quempallou.com
quempallou@quempallou.com 


Contratación

 
España

Zouma Produccións S. L.

988 24 02 48 / 988 24 22 02

988 24 02 48

629 41 33 33

info@zoumarecords.com

 

Libro de visitas
© 2011 QUEMPALLOU - Once anos mallando - Tódolos dereitos reservados
ACV Galaica