Blog

 Preparados, listos...

Imprimir quempallou - 10-Xuño-2011 - 12:38:45 

E xa comeza unha nova tempada de verán. Coa chagada da calor, reprodúcense as festas e romarías polas que camiñaremos e tocaremos outro ano máis levando a nosa música aos vosos oidos.

Este ano continuamos cos concertos de celebración dos nosos "once anos mallando", pero atención, que xa estamos a ofrecer un bo adianto dos temas que recollerá o seguinte traballo que enlataremos coa chegada das choivas de outono.

Agardamos poder vervos un ano máis e pasar momentos inesquencibles de festa en festa, no escenario e tamén na foliada!

Libro de visitas
© 2011 QUEMPALLOU - Once anos mallando - Tódolos dereitos reservados
ACV Galaica