Discografía
Título:Once Anos Mallando (2010)

- Cancións
- 1.- A Rabuda
- 2.- Quempallou
- 3.- Moreniña
- 4.- Muiñeira do incio
- 5.- Quen teña Viño
- 6.- Xan
- 7.- En que terra me botaches
- 8.- Os Sucos... Casiquecola
- 9.- Xota da Relúa
- 10.- Rosiña... Na Quinta
- 11.- Que Chova!!
- 12.- Levados do Mar
- 13.- Muller Miña
- 14.- Coa Lingua de fóra
- 15.- Ninguén!! (Quempa-Hop)
Ficha técnica
Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Galiza e parte do estranxeiro. O proxecto chamouse Quempallou, palabra sonora cunha historia que contar e que chegou incluso a coller mestiza forza naquel aturuxo en galinglish co que os teñen agasallado @s máis ferventes seareir@s no fragor da foliada: “let’s go, Quempallou!!”.
Unha tropa que tivo que ir mudando por circunstancias naturais, mais que sempre buscou un camiño claro e dereito: a festa e o folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.
Quempallou convídate a compartir estes once anos de camiño a través dunha compilación que da boa conta do que foron, do que son e do que queren seguir a ser. Benvid@ á tropa Quempallou.
Título:Polo Aire (2007)

- Cancións
- 1.- Que Chova!!! (Guillerme Ignacio / Tradicional)
- 2.- Levados do mar (Roi Maceda)
- 3.- Muller Miña (Tradicional / Roi Maceda)
- 4.- Rumba de Pu (Guillerme Ignacio)
- 5.- Unha nova vida (Roi Maceda )
- 6.- ... un pouco de mel (Fernando Monroy / Guillerme Ignacio. Letra: Fernando Monroy / Tradicional)
- 7.- A Malladora (Roi Maceda)
- 8.- Coa lingua de fóra (Guillerme Ignacio)
- 9.- Muiñeirada - Pasodobre Tropical (Roi Maceda / Pablo López Torneiro)
- 10.- Fandango de Pantín (Roi Maceda)
- 11.- Ninguén!!! (QUEMPA-HOP) (Isaac Millán / Guillerme Ignacio / Dios Ke Te Crew)
- 12.- ... sen ti (Guillerme Ignacio / Roi Maceda. Coplas Tradicionais)
Ficha técnica
Quempallou segue polo aire, coma sempre coa lingua de fóra. Seguimos a dicir que pu, pu, pu ou o que sexa que nos pete no peito, sen nos importar demasiado que chova, namentres non nos leve o mar. Seguimos a peneirar ao son das malladoras, á procura dunha nova vida para que ninguén nos obrigue a ficarmos sen ti, sen vós. Temos un pouco de mel para quen nos acompañe nesta nosa frecuencia, de muiñeira tropical polas praias de Pantín, por exemplo. Muller miña, meu cabaleiro, Quempallou segue nas ondas, Quempallou segue POLO AIRE...
Título:Estremonias (2004)

- Cancións
- 1.- Xan (Música: Guillerme Ignacio e Roi Maceda Letra: Rosalía de Castro (adaptación))
- 2.- En qué Terra me botaches (Música: Roi Maceda e Guillerme Ignacio Letra: Tradicional/ Guillerme Ignacio)
- 3.- Os Sucos - Casiquecola (Música e letra: Roi Maceda Versos: Lourenzo)
- 4.- A gaita de Melchor e Polca para Pucho (Iván Costa e Ernesto Campos)
- 5.- Canto de serán e Xota da relúa (Música e letra tradicionais / Música: Guillerme Ignacio Letra: Tradicional, Guillerme Ignacio)
- 6.- Valseai (Roi Maceda / Guillerme Ignacio)
- 7.- Rosiña... na Quinta (Música e letra: Xosé Maceda / Música: Alberte de Maceda)
- 8.- L.l.ume (Música: Guillerme Ignacio Letra: Diegu Rodríguez)
- 9.- Xota da escaleira e Negros (Tradicionais, do repertorio do Gaiteiro do Piñeiro (Aldán, O Morrazo); e número 320 do cancioneiro de Casto Sampedro)
- 11.- Coplas do mercado (Música: Tino Baz. Letra: Tino Baz, Guillerme Ignacio)
- 10.- Ai Rosiña! (Música: Tradicional, Guillerme Ignacio, Roi Maceda Letra: Tradicional)
Ficha técnica
"Levamos dous anos á busca da palabra, pero non dunha palabra calquera, non. Levamos dous anos á busca desas palabras que nos contan o que pasa. Desas palabras só nosas anque tamén vosas, de todos, que nos abren os ollos á realidade, porque nos din o que hai. E o que hai pode ser duro, coma a desfeita constante da Terra, coma a explotación neo-liberalista e terxiversadamente globalizadora, coma un desengano de amor incipiente, coma un maltrato á dignidade das persoas...; anque tamén pode e debe ser felicidade, felicidade encuberta –rir por non chorar-, felicidade pura dun namoro, ou felicidade inexcusada porque todos precisamos facer coma quen que todo vai ben, anque só sexa por unha noite de foliada extrema.
E foi así como foron xurdindo estas estremonías, estas maldades de cativos, estes anacos de realismo peneirados de cotío por unha retranca que nos lembra que estamos de troula, mais que a realidade segue aí, e é teimuda. Retornamos con este pequecho á infancia, para que cando nos digades que só queremos amolar, lembrarvos que tamén debaixo de cada estremonía dun rapaz ou rapaza hai algo máis cás ganas de chamar a atención para non se aburrir.
Velaquí as nosas palabras, velaquí as nosas Estremonías."
Título:Quempallou (2002)

- Cancións
- 1.- Ruadiña-PaXota ( Tradicional - X. Manuel Novas)
- 2.- A Rabuda (Música: Guillerme Ignacio Letra: Guillerme Ignacio / Guillerme Lamosa / Tradicional)
- 3.- Quempallou (Anxo Graña)
- 5.- Moreniña (Guillerme Ignacio Letra: Guillerme Ignacio / tradicional)
- 6.- Polca da Fonsagrada (Tradicional)
- 7.- Muiñeira do Incio (Xosé Maceda e Roi Maceda)
- 8.- Tango-O Farovello (Descoñecido / Anxo Graña)
- 9.- Historia do Cebreiro - Muiñeira de Forcarei (Tradicionais)
- 10.- Rumbas con Arrós!! (Tradicionais)
- 11.- Quen teña viño... (Tradicionais)
Ficha técnica
Velaquí téde-lo noso primeiro Cd, froito en primeiro lugar da nosa victoria no II Concurso Folk Radio Obradoiro, que nos permitiu gravalo nos Estudios Phonos da Estrada; e en segundo lugar da disposición da discográfica Zouma Récords para re-mesturarlo e editalo en Maio do 2002. Para nós foi o noso primeiro paso importante neste mundiño da música folk galega; a oportunidade de poder facer que canta xente quixera puidera gozar da música que facemos. Coma tódolos traballos é mellorábel sempre, pero como primeira criatura seria que temos, estamos moi orgullosos del. Agardamos que o desfrutedes.
Título:Maqueta (2000)

- Cancións
Ficha técnica
A nosa primeira experiencia de gravación, nos estudos “Sonoro Terapia” de Michele, -ese punki siciliano!!- que comezaba co oficio alá no vigués barrio de Matamá. Permitiunos acadar no ano 2001 dous premios: o 2º premio no II Concurso Folk “Cuartu los Val.les” celebrado en Navelgas (Tinéu-Asturies); e o 1º premio no II Concurso folk organizado por Radio Obradoiro en Compostela. Este último premio consistiu na gravadión do noso primeiro disco completo, así que como veredes tirámoslle ben partido á maquetiña en cuestión.







