E xa comeza unha nova tempada de verán. Coa chagada da calor, reprodúcense as festas e romarías polas que camiñaremos e tocaremos outro ano máis levando a nosa música aos vosos oidos.
Este ano continuamos cos concertos de celebración dos nosos "once anos mallando", pero atención, que xa estamos a ofrecer un bo adianto dos temas que recollerá o seguinte traballo que enlataremos coa chegada das choivas de outono.
Agardamos poder vervos un ano máis e pasar momentos inesquencibles de festa en festa, no escenario e tamén na foliada!

Benvid@s tod@s á nosa páxina dos Once anos feitos!! Pasádevos por ela sempre que queirades, e lembrade tamén o noso facebook e máis o noso twitter para ter novas de primeira man. Lume sempre!!!